TRABALLO A TEMPO PARCIAL E SEGURIDADE SOCIAL. A PROPÓSITO DA SENTENZA DO TRIBUNAL CONSTITUCIONAL 91/2019, DE 3 DE XULLO DE 2019
Palabras clave:
Traballo a tempo parcial, Pensión de xubilación, base reguladora, política de emprego, discriminación por razón de sexoResumo
O binomio traballo a tempo parcial e Seguridade Social presentou tradicionalmente unha marcada complexidade. En relación aos principios de contributividade, proporcionalidade e equidade do Sistema de Seguridade Social, foron varios os intentos de ordenación no noso ordenamento xurídico. Hoxe, de novo, reformulados por mor da Sentenza do TC 91/2019, que orientan as reflexións e propostas ponderadas de futuro, mitigando o factor de parcialidade e adoptando unha medida compensatoria e non pensionable para quen o salario da parcialidade non constituíse a súa fonte principal de subsistencia.



