O Salario Mínimo Interprofesional no contexto da Carta Social Europea

Autores/as

  • Xosé Manuel Carril Vázquez Universidade da Coruña

Palabras clave:

Salario mínimo, España, Carta Social Europea, Incumprimento, Unión Europea

Resumo

A contía do salario mínimo interprofesional ten como finalidade cuantificar economicamente a acción de dar que supón o cumprimento da obrigación empresarial de retribuír o traballo realizado, pero tamén ten outra que está directamente relacionada coa razón de traballar, que é a de obter ingresos económicos suficientes para facer fronte ás necesidades da vida da persoa traballadora e daqueloutras que dela dependan. O dereito a unha remuneración suficiente (que menciona a Constitución Española no seu artigo 35.1) é o punto de partida para analizar aquí a contía do salario mínimo interprofesional en España, tomando como referencia legal (e obrigatoria) a Carta Social Europea e a súa interpretación e aplicación por parte do Comité Europeo de Dereitos Sociais. De acordo con esta referencia, a contía do salario mínimo interprofesional español non garante un nivel de vida digno e, por iso mesmo, é manifestamente inxusta, razón pola cal resultan de suma importancia todas aquelas iniciativas que propoñen incluír no artigo 27.1 do Estatuto dos Traballadores que a contía do salario mínimo interprofesional se sitúe como mínimo no 60% do salario medio (cumprindo o disposto polo Comité Europeo de Dereitos Sociais en aplicación da Carta Social Europea); e moito máis desde o momento en que Directiva (EU) 2022/2041 permite aos Estados membros contías inferiores.

Biografía do autor/a

  • Xosé Manuel Carril Vázquez, Universidade da Coruña

    Profesor Titular de Dereito do Traballo e da Seguridade Social

    International Expert Consultant of the Council of Europe

Publicada

2024-07-03

Cómo citar

Carril Vázquez, X. M. (2024). O Salario Mínimo Interprofesional no contexto da Carta Social Europea. Revista Galega De Dereito Social, 20, 39-71. https://revistagalegadedereitosocialdocgrl.gal/index.php/RGDS/article/view/188

Artigos similares

1-10 de 175

Tamén pode Iniciar unha busca avanzada por similitude para este artigo.