Competencia xudicial e contrato de traballo no Regulamento Bruxelas: as últimas achegas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea
Palabras clave:
Competencia xudicial internacional, Contrato individual de traballo, Dereito da Unión Europea, Xurisprudencia do Tribunal de XustizaResumo
No presente estudo analízanse as catro últimas sentenzas ditadas polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea interpretando diversos aspectos das regras de determinación da competencia xudicial internacional aplicables ao contrato individual de traballo contidas nos Regulamentos de Bruxelas (Caso Ahmed Mahamdia; Caso Holterman Ferho Exploitatie BV et alii; Caso Sandra Nogueira et alii; Caso Petronas Lubricants Italy SPA). O seu estudo conxunto permítenos identificar as premisas xerais de interpretación desas regras segundo a xurisprudencia do Tribunal de Xustiza. O seu estudo particular permítenos analizar unha serie de temas dunha importante transcendencia teórica e práctica: o contrato de traballo cunha embaixada non comunitaria e o alcance das cláusulas de submisión expresa; o concepto de contrato de traballo; o lugar de traballo no sector de aviación civil; e a reconvención da empresa.Descargas
Publicada
2019-01-21
Número
Sección
Doutrina
Licenza
CC BY-NC-ND 4.0
Cómo citar
Lousada Arochena, J. F. (2019). Competencia xudicial e contrato de traballo no Regulamento Bruxelas: as últimas achegas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea. Revista Galega De Dereito Social, 7, 99-126. https://revistagalegadedereitosocialdocgrl.gal/index.php/RGDS/article/view/52



