Competencia xudicial e contrato de traballo no Regulamento Bruxelas: as últimas achegas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea

Autores/as

  • José Fernando Lousada Arochena Tribunal Superior Xustiza Galicia

Palabras clave:

Competencia xudicial internacional, Contrato individual de traballo, Dereito da Unión Europea, Xurisprudencia do Tribunal de Xustiza

Resumo

No presente estudo analízanse as catro últimas sentenzas ditadas polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea interpretando diversos aspectos das regras de determinación da competencia xudicial internacional aplicables ao contrato individual de traballo contidas nos Regulamentos de Bruxelas (Caso Ahmed Mahamdia; Caso Holterman Ferho Exploitatie BV et alii; Caso Sandra Nogueira et alii; Caso Petronas Lubricants Italy SPA). O seu estudo conxunto permítenos identificar as premisas xerais de interpretación desas regras segundo a xurisprudencia do Tribunal de Xustiza. O seu estudo particular permítenos analizar unha serie de temas dunha importante transcendencia teórica e práctica: o contrato de traballo cunha embaixada non comunitaria e o alcance das cláusulas de submisión expresa; o concepto de contrato de traballo; o lugar de traballo no sector de aviación civil; e a reconvención da empresa.

Biografía do autor/a

  • José Fernando Lousada Arochena, Tribunal Superior Xustiza Galicia
    Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Publicada

2019-01-21

Número

Sección

Doutrina

Cómo citar

Lousada Arochena, J. F. (2019). Competencia xudicial e contrato de traballo no Regulamento Bruxelas: as últimas achegas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea. Revista Galega De Dereito Social, 7, 99-126. https://revistagalegadedereitosocialdocgrl.gal/index.php/RGDS/article/view/52

Artigos similares

1-10 de 215

Tamén pode Iniciar unha busca avanzada por similitude para este artigo.