O DESPRAZAMENTO DE TRABALLADORES NO TRANSPORTE POR ESTRADA NA UNIÓN EUROPEA

Autores/as

  • Olga Fotinopoulou Basurko Universidad del País Vasco

Palabras clave:

Desprazamento de traballadores, transporte por estrada, Directiva 2020/1057

Resumo

Regular o desprazamento dos traballadores do sector do transporte por estrada no seo da Unión Europea non foi precisamente unha cuestión sinxela, nin con probabilidade a norma resultante será fácil de aplicar na práctica. Así, neste traballo tentouse realizar unha aproximación xeral á problemática de dumping social existente no sector a partir da apertura á súa liberalización e que tratou de ser paliada a través da adopción da Directiva 2020/1057, non sen grandes tensións durante o seu proceso de tramitación. A continuación , pretendéronse analizar algúns dos contidos que consideramos centrais e probablemente máis críticos da norma, como é o caso da noción de traballador/condutor desprazado para os efectos da aplicación da lex specialis. Así mesmo, e máis aló destas materias, descríbense -a grandes liñas- a disposicións relativas aos requisitos administrativos, de control e cooperación establecidos naquela que, como é lóxico, aínda deben transpoñerse ao noso ordenamento xurídico interno. É, por tanto, e sen adiantar optimismo ou pesimismo algún, seguro que nun futuro próximo seremos testemuñas e/ou espectadores do maior ou menor éxito da norma con respecto aos obxectivos que a mesma persegue.

Biografía do autor/a

  • Olga Fotinopoulou Basurko, Universidad del País Vasco
    Profesora Titular (Acreditada a Catedrática) de Dereito do Traballo e da Seguridade Social

Publicada

2021-07-14

Número

Sección

Doutrina

Cómo citar

Fotinopoulou Basurko, O. (2021). O DESPRAZAMENTO DE TRABALLADORES NO TRANSPORTE POR ESTRADA NA UNIÓN EUROPEA. Revista Galega De Dereito Social, 12, 43-83. https://revistagalegadedereitosocialdocgrl.gal/index.php/RGDS/article/view/115

Artigos similares

1-10 de 216

Tamén pode Iniciar unha busca avanzada por similitude para este artigo.