A MATERIA PENDENTE DAS POLÍTICAS DE IGUALDADE: A CONCILIACIÓN DA VIDA PERSOAL, FAMILIAR E LABORAL COMO PRINCIPAL OBSTÁCULO Á PROMOCIÓN PROFESIONAL EN CONDICIÓNS DE IGUALDADE

Autores/as

  • MARÍA ANTONIA CASTRO ARGÜELLES Universidade de Oviedo
  • PAZ MENÉNDEZ SEBASTIÁN Universidade de Oviedo

Palabras clave:

Igualdade de oportunidades, discriminación, conciliación, muller, responsabilidades familiares

Resumo

Este traballo ten por obxecto examinar as políticas lexislativas postas en marcha para promover a igualdade de trato entre homes e mulleres, e a conciliación das responsabilidades familiares e laborais dos traballadores. Con iso preténdese demostrar que a conciliación é hoxe o principal obstáculo para a consecución da igualdade real e efectiva na promoción profesional das mulleres; e tamén que o modo en que o lexislador afrontou o tratamento da conciliación contribuíu, precisamente, a consolidar a discriminación que sofre a muller na súa promoción profesional. A política lexislativa de conciliación orientouse sempre á corresponsabilidade, pero esta non neutraliza os efectos negativos que a asunción de responsabilidades familiares ten na promoción profesional. Simplemente estende ese risco aos homes que a asumen. Ademais, a conciliación tratouse sempre como unha cuestión de discriminación por razón de sexo, o que, en realidade, ratifica a idea de que as responsabilidades familiares corresponden ás mulleres. Doutra parte, as reservas e preferencias nos ascensos formúlanse atendendo só ao sexo, o que relega dobremente ás mulleres que decidiron conciliar a súa vida laboral e familiar. 

Biografías do autor/a

  • MARÍA ANTONIA CASTRO ARGÜELLES, Universidade de Oviedo
    Catedrática de Dereito do Traballo e da Seguridade Social.
  • PAZ MENÉNDEZ SEBASTIÁN, Universidade de Oviedo
    Profesora Titular de Dereito do Traballo e da Seguridade Social.

Publicada

2019-07-15

Número

Sección

Doutrina

Cómo citar

CASTRO ARGÜELLES, M. A., & MENÉNDEZ SEBASTIÁN, P. (2019). A MATERIA PENDENTE DAS POLÍTICAS DE IGUALDADE: A CONCILIACIÓN DA VIDA PERSOAL, FAMILIAR E LABORAL COMO PRINCIPAL OBSTÁCULO Á PROMOCIÓN PROFESIONAL EN CONDICIÓNS DE IGUALDADE. Revista Galega De Dereito Social, 8, 29-83. https://revistagalegadedereitosocialdocgrl.gal/index.php/RGDS/article/view/65

Artigos similares

1-10 de 212

Tamén pode Iniciar unha busca avanzada por similitude para este artigo.