Sobre a necesidade de establecer en Galicia procedementos autónomos de solución dos conflitos individuais de traballo

Autores/as

  • María Emilia Casas Baamonde Catedrática de Dereito do Traballo e da Seguridad Social - Universidade Complutense de Madrid

Palabras clave:

Acordo interprofesional, AGA, conflitos individuais de traballo, mediación, arbitraxe, requisito preprocesal, proceso, execución

Resumo

A decisión das organizacións sindicais e empresarial integrantes do Consello Galego de Relacións Laborais de celebrar un acordo interprofesional, dos do artigo 83.3 do Estatuto dos Traballadores, para instaurar un sistema de solución extraxudicial dos conflitos individuais de traballo virá cubrir unha necesidade notoria do sistema de relacións laborais de Galicia, pioneira, en cambio, no establecemento dun sistema de solución extraxudicial dos conflitos laborais colectivos ( AGA). Os traballos e conclusións do XVII Encontro Galego de Relacións Laborais constituíron a primeira fase da posta en marcha da iniciativa convencional, ao recomendar un deseño acordado das bases funcionais, materiais e procedimentales do futuro sistema. A análise da súa peza crave, o procedemento voluntario de mediación, dos seus ámbitos materiais e das secuencias en que poderá despregarse, é o obxecto deste estudo, que se ocupa de destacar as súas innumerables vantaxes e as dificultades técnicas que han de superarse, dado que a lei laboral, sustantiva e procesual, non se decidiu a favorecer realmente estes procedementos autónomos. Novidade rechamante e valiosa do futuro acordo interprofesional galego, é, sen dúbida, a apertura da execución xudicial aos procedementos de solución extraxudicial dos conflitos laborais individuais.

Publicada

2018-12-22

Cómo citar

Casas Baamonde, M. E. (2018). Sobre a necesidade de establecer en Galicia procedementos autónomos de solución dos conflitos individuais de traballo. Revista Galega De Dereito Social, 6, 9-59. https://revistagalegadedereitosocialdocgrl.gal/index.php/RGDS/article/view/63

Artigos similares

1-10 de 215

Tamén pode Iniciar unha busca avanzada por similitude para este artigo.