Avances en materia de desconexión dixital na negociación colectiva sectorial: panorama autonómico e estatal
Palabras clave:
desconexión dixital, negociación colectiva, tempo de traballoResumo
Pese á afectación directa que o dereito á desconexión dixital ten no ámbito laboral, a súa regulación de referencia atópase actualmente contida na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais. Nela, o lexislador limitouse ao simple recoñecemento do dereito á desconexión dixital, deixando en mans da negociación colectiva a súa materialización ao considerar que é este o instrumento máis axeitado, pola flexibilidade que ofrece, para o seu desenvolvemento en cada ámbito de negociación, tendo en conta a natureza e obxecto da relación laboral. Non obstante, como se expón neste traballo, a elección desta vía por parte do lexislador tense manifestado, cando menos ata o momento, insuficiente para garantir o dereito á desconexión dixital das persoas traballadoras.
Descargas
Publicada
Número
Sección
Licenza

Esta obra está licenciada baixo unha Licenza internacional Creative Commons Recoñecemento-Non Comercial-Sen Obras Derivadas 4.0.



