O DESCOLGUE DO CONVENIO COLECTIVO

Autores/as

  • José Fernando Lousada Arochena Tribunal Superior Xustiza de Galicia Universidade da Coruña

Palabras clave:

Negociación colectiva, non aplicación de convenios colectivos.

Resumo

No dereito laboral español, o descolgue (ou inaplicación) das condicións de traballo reguladas nun convenio colectivo estatutario é unha especie de válvula de seguridade encamiñada a evitar que, pola aplicación desas condicións aunha empresa en situación económica negativa ou afectada por causas técnicas, organizativas ou produtivas,se perdan postos de traballo e mesmo se peche a empresa. Este estudo analiza a axitada evolución das normas que regulan odescolgue dos convenios colectivos estatutarios, a súa natureza xurídica e distinción con outras figuras afíns, os convenios colectivos que poden verse afectados, as condicións de traballo que poden verse afectadas e as causas que xustifican a non aplicación, así como o procedemento de negociación para chegar a un acordo de descolgue e os sistemas para resolver o eventual desacordo, e o seu control xudicial.

Biografía do autor/a

  • José Fernando Lousada Arochena, Tribunal Superior Xustiza de Galicia Universidade da Coruña

    Maxistrado especialista do social–TSX/Galicia

    Doutor en Dereito / Graduado Social

    Profesor asociado da Universidade da Coruña

Publicada

2022-12-28

Número

Sección

Doutrina

Artigos similares

1-10 de 211

Tamén pode Iniciar unha busca avanzada por similitude para este artigo.