GARANTÍA DE INDEMNIDADE E TUTELA ANTIDISCRIMINATORIA. UNHA PROPOSTA DE ESTUDO DENDE O DEREITO SOCIAL EUROPEO
Palabras clave:
Garantía de indemnidade, igualdade de trato, tutela antidiscriminatoria, dereito social da UE, Tribunal de Xustiza da Unión EuropeaResumo
O presente artigo pretende profundar, dende unha perspectiva concreta, o tema da garantía de indemnidade, é dicir a protección do traballador fronte ás represalias empresariais derivadas da activación de procedementos de tutela de dereitos fundamentais. No momento no que se analiza o contexto xurídico no que se desenvolve a conexión entre a tutela xudicial efectiva e a garantía de indemnidade, aparece claro que a dimensión propia da tutela antidiscriminatoria (evolucionada, en gran medida, ao amparo do dereito da Unión Europa) funciona como un elemento central de matización e definición. Nese sentido, o estudo das sentenzas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, especialmente do Asunto Coote (1998) e do Asunto Hakelbrecht e outros (2019), pode proporcionar unha lectura interpretativa da configuración, normativa e xurisprudencial, da garantía de indemnidade nun contexto dun ordenamento xurídico multinivel como o actual. Iso levará a formular, para concluír, unha serie de propostas para a súa futura e posible regulación á marxe ou fóra do exclusivo espazo xurisprudencial, entendido como o espazo natural no que se desenvolveu de maneira preponderante no noso ordenamento xurídic.Descargas
Publicada
2019-12-31
Número
Sección
Doutrina
Licenza
CC BY-NC-ND 4.0
Cómo citar
Bogoni, M. (2019). GARANTÍA DE INDEMNIDADE E TUTELA ANTIDISCRIMINATORIA. UNHA PROPOSTA DE ESTUDO DENDE O DEREITO SOCIAL EUROPEO. Revista Galega De Dereito Social, 9(9), 229-264. https://revistagalegadedereitosocialdocgrl.gal/index.php/RGDS/article/view/91



