A ACTIVIDADE DOS XUÍCES ESPAÑOIS COMO FACTOR DO IMPACTO SOBRE O DEREITO DO TRABALLO ESPAÑOL DOS FALLOS DO TRIBUNAL DE XUSTIZA RESOLVENDO PETICIÓNS DE DECISIÓNS PREXUDICIAIS EN ASUNTOS AFECTADOS POR NORMAS DE POLÍTICA SOCIAL DA UNIÓN: CAMBIOS NORMATIVOS, INAPLICACIÓN DE PRECEPTOS E INTERPRETACIÓNS CONFORMES
Palabras clave:
Decisións prexudiciais, xurisprudencia do Tribunal de Xustiza, política social da Unión Europea, supremacía do dereito da UniónResumo
Os fallos do Tribunal de Xustiza que resolven cuestións prexudiciais formuladas en preitos nos que as normas nacionais aplicables deben responder a unha transposición e interpretación apropiadas das normas da Unión reguladoras das materias propias da política social amplifican, sen dúbida, a repercusión do Dereito Social da Unión sobre o Dereito do Traballo de cada un dos Estados membros. Esa amplificación é tanto maior canto máis alto sexa o número dos indicados fallos, principalmente daqueles con orixe en cuestións prexudiciais formuladas polos órganos xurisdicionais do Estado membro de que se trate. No caso de España, a amplificación é superior á que cabe apreciar noutros Estados membros. Isto é así como consecuencia do espectacular aumento das cuestións prexudiciais elevadas polos xuíces e tribunais. Os órganos xurisdicionais españois convertéronse nos máis activos dos Estados membros na formulación de cuestións prexudiciais en asuntos do tipo dos aquí contemplados. Para ser máis exactos, uns poucos xuíces e tribunais fixeron que os órganos xurisdicionais españois sexan os máis activos, dando lugar a un elevado número de fallos do Tribunal de Xustiza sobre un variado conxunto de materias respecto das cales é preciso que a normativa laboral española de aplicación corresponda a unha transposición e interpretación apropiadas das normas a través das cales a Unión exerce as súas competencias de política social.Descargas
Publicada
2019-12-31
Número
Sección
Tribuna
Licenza
CC BY-NC-ND 4.0
Cómo citar
Gárate Castro, F. J. (2019). A ACTIVIDADE DOS XUÍCES ESPAÑOIS COMO FACTOR DO IMPACTO SOBRE O DEREITO DO TRABALLO ESPAÑOL DOS FALLOS DO TRIBUNAL DE XUSTIZA RESOLVENDO PETICIÓNS DE DECISIÓNS PREXUDICIAIS EN ASUNTOS AFECTADOS POR NORMAS DE POLÍTICA SOCIAL DA UNIÓN: CAMBIOS NORMATIVOS, INAPLICACIÓN DE PRECEPTOS E INTERPRETACIÓNS CONFORMES. Revista Galega De Dereito Social, 9(9), 9-73. https://revistagalegadedereitosocialdocgrl.gal/index.php/RGDS/article/view/81



