A DIRETIVA (UE) 2022/2041 NO MARCO DA POLÍTICA SOCIAL EUROPEA E A SÚA TRASPOSICIÓN EN ESPAÑA
Palabras clave:
negociación colectiva, salario mínimo legal, salarios adecuadosResumo
A Directiva (UE) 2022/2041 do Parlamento Europeo e do Consello do 19 de outubro de 2022 sobreunssalariosmínimosadecuadosna Unión Europea forma parte do nutridogrupo de normas que, no marco do Pilar Europeo de Dereitos Sociais, deron un significativoimpulso á dimensión social da Unión Europea. Con todo, esta diretiva mostra un particular interese, pois é a primeiravez que a Unión Europea regula directamente os salarios, sorteando así as dificultades derivadas da repartición de competencias entre a Unión Europea e os Estados membros en materia de política social. Aínda que iso condiciona o seu contido e alcance, non cabe menosprezar a súa capacidade para combater a pobreza no emprego e as desigualdades salariais. Por iso a obriga de trasposición brinda unha excelente oportunidade para revisar o sistema español de determinación do salario mínimo interprofesional e transitar cara un sistema máis garantista tanto en sentido formal como materialDescargas
Publicada
2024-12-27
Número
Sección
Artigos
Licenza
CC BY-NC-ND 4.0
Cómo citar
Martínez Yáñez, N. M. (2024). A DIRETIVA (UE) 2022/2041 NO MARCO DA POLÍTICA SOCIAL EUROPEA E A SÚA TRASPOSICIÓN EN ESPAÑA. Revista Galega De Dereito Social, 22, 49-76. https://revistagalegadedereitosocialdocgrl.gal/index.php/RGDS/article/view/209



