MEDIACIÓN: UN CAMBIO DE PARADIGMA NECESARIO PARA A MELLORA DA RELACIÓN LABORAL DENDE A ÓPTICA INDIVIDUAL

Autores/as

  • Lourdes Arastey Sahún Tribunal Supremo

Palabras clave:

Mediación, diálogo, tutela xudicial.

Resumo

O uso dos Mecanismos Alternativos/Alternos de Solución de Conflitos (MASC) – ADR en inglés- consolidouse en todo o espectro internacional como unha política eficaz para que os cidadáns obteñan unha resposta rápida e satisfactoria ás súas disputas.

A eficacia e utilidade destes métodos revélase dende distintas ópticas: a) abaratamento do conflito e do proceso de resolución; b) maior celeridade na obtención da resposta á disputa; c) maior satisfacción para as partes implicadas; d) alivio da carga dos tribunais.

A iso haberán de engadirse ademais algunhas outras que inciden de maneira moi especial naquelas relacións xurídicas que se caracterizan por unha natureza sinalagmática expresada con duración no tempo. Así sucede coa relación laboral nada do contrato de traballo, á que se van dirixir estas reflexións. A diferenza do que ocorre coas obrigas de execución instantánea, o tracto sucesivo do contrato de traballo –unido ao seu carácter persoalísimo (en relación cunha das súas partes)- acrecenta a necesidade da salvagarda da saúde da propia relación e da garantía do seu desenvolvemento pacífico.

Biografía do autor/a

  • Lourdes Arastey Sahún, Tribunal Supremo
    Maxistrada da Sala do Social

Publicada

2020-12-22

Número

Sección

Tribuna

Cómo citar

Arastey Sahún, L. (2020). MEDIACIÓN: UN CAMBIO DE PARADIGMA NECESARIO PARA A MELLORA DA RELACIÓN LABORAL DENDE A ÓPTICA INDIVIDUAL. Revista Galega De Dereito Social, 11, 9-37. https://revistagalegadedereitosocialdocgrl.gal/index.php/RGDS/article/view/107

Artigos similares

1-10 de 28

Tamén pode Iniciar unha busca avanzada por similitude para este artigo.