A incapacidade temporal por aborto no marco da protección de datos: unha revisión crítica da súa codificación

Autores/as

  • Lidia de la Iglesia Aza Universidade de Santiago de Compostela

Palabras clave:

Incapacidade temporal (IT); Aborto, Codificación, Protección de datos

Resumo

Este artigo analiza a evolución histórica e xurídica do aborto en España e a súa conexión coa nova regulación da incapacidade temporal (IT) introducida pola Lei Orgánica 1/2023. Tras repasar a transición desde a penalización absoluta ata o sistema de prazos de 2010, examínase a creación dunha situación especial de IT por interrupción do embarazo, caracterizada por un réxime máis favorable que o das continxencias comúns, sen carencia previa e con subsidio desde o día seguinte á baixa. O estudo critica a codificación administrativa que identifica estas baixas mediante códigos específicos comunicados ás empresas, o que implica unha revelación de datos sensibles. Esta práctica supuxo a comunicación ás empresas dun nivel de información que permitía identificar de forma directa a concreta situación de saúde sexual ou reprodutiva, malia que existían alternativas menos intrusivas, o que deu lugar á vulneración dos principios de proporcionalidade, minimización e privacy by design do RGPD.

Biografía do autor/a

  • Lidia de la Iglesia Aza, Universidade de Santiago de Compostela

    Avogada

    Profesora sustituta de Dereito do Traballo e da Seguridade Social

    Universidade de Santiago de Compostela

Publicada

2026-07-30

Número

Sección

Artigos

Cómo citar

de la Iglesia Aza, L. (2026). A incapacidade temporal por aborto no marco da protección de datos: unha revisión crítica da súa codificación. Revista Galega De Dereito Social, 27. https://revistagalegadedereitosocialdocgrl.gal/index.php/RGDS/article/view/254

Artigos similares

1-10 de 224

Tamén pode Iniciar unha busca avanzada por similitude para este artigo.