VIOLENCIA SEXUAL, MULLER E TRABALLO
Palabras clave:
Violencia sexual, acoso sexual, muller, traballoResumo
O estudo do acoso sexual no traballo adquire un renovado interese á luz de dous importantes avances normativos. Dunha parte,a Lei orgánica 10/2022, de garantía integral da liberdade sexual, profunda na protección laboral das traballadoras vítimas de acoso sexual en materia de avaliación de riscos laborais e de dereitos laborais;recoñece a responsabilidade penal das persoas xurídicas polo delito de acoso e amplíao ámbito obxectivo das medidas de prevención, dos chamados protocolos antiacoso. Ademais, esta lei orgánica pretende dar resposta especialmente ás violencias sexuais cometidas no ámbito dixital. Doutra parte, o Convenio 190 da OIT, sobre aeliminación da violencia e o acoso no mundo do traballo,tamén avanza na protección fronte ao acoso, con especial atención á perspectiva de xénero. Inclúense xunto á persoa traballadora outras persoas no mundo do traballo e a súa protección esténdese a toda violencia e acoso no traballo, no marco de comunicacións realizadas por medio de tecnoloxías da informacióne a comunicación. Ao mesmo tempo, impón aos Estados, entre outras, novas obrigas legais en materia de avaliación de riscos deviolencia e acoso e procedementos de denuncia e solución de conflitos, con garantíasde confidencialidade eindemnidade. O presente estudo proponse reflexionar sobre a delimitación conceptual do acoso sexual, neste novo contexto,e sobre os procedementos preventivos e reparadores obrigatorios para as empresas.Descargas
Publicada
2022-12-28
Número
Sección
Tribuna
Licenza
CC BY-NC-ND 4.0
Cómo citar
Sáez Lara, C. (2022). VIOLENCIA SEXUAL, MULLER E TRABALLO. Revista Galega De Dereito Social, 16, 1-44. https://revistagalegadedereitosocialdocgrl.gal/index.php/RGDS/article/view/152



