OBRIGAS DO EMPRESARIO EN MATERIA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DERIVADAS DA UTILIZACIÓN DE SISTEMAS DE IA

Autores/as

  • Beatriz Rodríguez Sanz de Galdeano Universidade Pública de Navarra

Palabras clave:

Intelixencia artificial, seguridade do produto, obrigas preventivas do empresario, responsabilidade civil por produtos defectuosos

Resumo

O obxectivo do presente estudo é analizar cales sonasobrigas do empresario que incorpora produtos de traballo ou sistemas de software baseados na intelixencia artificial. Para iso, realízase unha caracterización xenérica destes novos desenvolvementos tecnolóxicos e das oportunidades e retos que formulan en materia preventiva. Posteriormente, descéndese á análise de cales son as obrigas do empresario que incorpora estes novos equipos con fins produtivos, de xestión de recursos humanos ou para o cumprimento das súas obrigas preventivas. Para iso, pártese, en primeiro lugar, da normativa xeral de seguridade dos produtos e da normativa específica sobre sistemas de IA; en segundo lugar, analízanse as obrigas derivadas da normativa de protección de datos cando se introducen equipos dotados con sistemas de IA que implican un tratamento de datos; por último, estúdanse as obrigas específicas en materia de prevención de riscos laborais, profundando nas súas conexións coa nova normativa sobre IA.

Biografía do autor/a

  • Beatriz Rodríguez Sanz de Galdeano, Universidade Pública de Navarra
    Profesora Titular de Dereito do Traballo e da Seguridade Social.

Publicada

2023-07-28

Número

Sección

Artigos

Cómo citar

Sanz de Galdeano, B. R. (2023). OBRIGAS DO EMPRESARIO EN MATERIA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DERIVADAS DA UTILIZACIÓN DE SISTEMAS DE IA. Revista Galega De Dereito Social, 18, 41-74. https://revistagalegadedereitosocialdocgrl.gal/index.php/RGDS/article/view/168

Artigos similares

1-10 de 198

Tamén pode Iniciar unha busca avanzada por similitude para este artigo.