DEREITOS FUNDAMENTAIS, INDEMNIZACIÓN POR DANOS MORAIS E PRUDENTE ARBITRIO DO XULGADOR NA SÚA DETERMINACIÓN: UNHA TORMENTA PERFECTA
Palabras clave:
Dereitos fundamentais, danos morais, prudente arbitrio do xulgador, función reparadora e preventiva das indemnizaciónsResumo
O presente traballo analiza os diversos problemas que xeran as indemnizacións por danos morais derivadas da vulneración de dereitos fundamentais. Nel estúdase a evolución da doutrina xurisprudencial nesta materia e reflexiónanse sobre as principais consecuencias e problemas xurídicos que suscitan as ditas interpretacións. Cuestións como a automaticidade das indemnizacións nestes casos; a lóxica reparadora que se atopa tras elas; as funcións e disfuncións do recurso á Lei de infraccións e sancións da orde social como baremo substitutorio do réxime tarifario común ou, en fin, os complexos problemas que pode xerar a función preventiva das indemnizacións como danos punitivos escondidos, son obxecto de análise ao longo deste traballoDescargas
Publicada
2022-08-05
Número
Sección
Tribuna
Licenza
CC BY-NC-ND 4.0
Cómo citar
Mercader Uguina, J. (2022). DEREITOS FUNDAMENTAIS, INDEMNIZACIÓN POR DANOS MORAIS E PRUDENTE ARBITRIO DO XULGADOR NA SÚA DETERMINACIÓN: UNHA TORMENTA PERFECTA. Revista Galega De Dereito Social, 15, 9-44. https://revistagalegadedereitosocialdocgrl.gal/index.php/RGDS/article/view/150



