OS RECENTES CAMBIOS DO RÉXIMEN LABORAL DA SUBCONTRATACIÓN E, OBITER DICTA, ALGUNHAS BREVES REFERENCIAS ÁS MOITAS MATERIAS PENDENTES

Autores/as

  • Javier Gárate Castro Universidade de Santiago de Compostela

Palabras clave:

Contrato de traballo de fixos-discontinuos, contrato de traballo por circunstancias da produción, descentralización productiva, determinación do convenio colectivo aplicable, subcontratación

Resumo

Sométense a exame os cambios que introduce a Real Decreto-lei 32/2021 en materia de subcontratación, os cales son de relativa importancia e non satisfán a modernización da subcontratación á que se refire aquel, na súa exposición de motivos. Ningún deles contribúe, en rigor, ao avance en «a responsabilidade das empresas contratistas ou subcontratistas» que propugna o punto III da referida exposición de motivos. O réxime xurídico-laboral da subcontratación segue estando obsoleto e necesitado dunha reforma técnico-xurídica de moito máis calado. O que se presenta como cambio «estrela», relativo á determinación do convenio colectivo aplicable aos traballadores destinados á execución dos encargos obxecto de descentralización, non garante a cabal  observancia do principio de igualdade de trato de tales traballadores en relación cos traballadores da empresa cliente ou principal. En rigor, limítase a validar os criterios seguidos ata o de agora pola doutrina do Tribunal Supremo.

Biografía do autor/a

  • Javier Gárate Castro, Universidade de Santiago de Compostela
    Catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social

Publicada

2022-04-22

Cómo citar

Gárate Castro, J. (2022). OS RECENTES CAMBIOS DO RÉXIMEN LABORAL DA SUBCONTRATACIÓN E, OBITER DICTA, ALGUNHAS BREVES REFERENCIAS ÁS MOITAS MATERIAS PENDENTES. Revista Galega De Dereito Social, 14, 31-54. https://revistagalegadedereitosocialdocgrl.gal/index.php/RGDS/article/view/138

Artigos similares

1-10 de 217

Tamén pode Iniciar unha busca avanzada por similitude para este artigo.