Modificacións colectivas con función reguladora e prazo de impugnación xudicial

Autores/as

  • Héctor López de Castro Ruiz

Resumo

Os procedementos de modificación substancial de condicións de traballo de carácter colectivo rematan ocasionalmente con acordos que regulan novas condicións de traballo de cara ao futuro. Isto suscita a cuestión da aplicación do prazo de caducidade de vinte días na impugnación destes acordos. A sentenza da Audiencia Nacional do 14 de febreiro de 2025 (CIG c. ABANCA) entende que o devandito prazo é aplicábel cando se impugna a modificación en si, mais non cando se discute algún aspecto da legalidade dos pactos.

Publicada

2025-05-12

Número

Sección

Observatorio xurisprudencial

Cómo citar

López de Castro Ruiz, H. (2025). Modificacións colectivas con función reguladora e prazo de impugnación xudicial. Revista Galega De Dereito Social, 23. https://revistagalegadedereitosocialdocgrl.gal/index.php/RGDS/article/view/218