O RETROCESO DO CRITERIO DE PRIORIDADE APLICATIVA DO CONVENIO DE EMPRESA E ULTRAACTIVIDADE DOS CONVENIOS COLECTIVOS

Autores/as

  • Alex Pazos Pérez Universidade de Vigo

Palabras clave:

Prioridade aplicativa, Convenio colectivo, Ultraactividade

Resumo

A reforma levada a cabo polo Real Decreto-Lei 32/2021 supuxo un importante cambio con respecto á prioridade aplicativa dos convenios colectivos e a aplicación do criterio da ultraactividad. Esta reforma derroga á anterior do ano 2012 nos aspectos mencionados. En primeiro lugar, establécese a prevalencia do convenio sectorial sobre o convenio de empresa en materia salarial e, en segundo lugar, retómase a aplicación da ultraactividad ilimitada dos convenios colectivos. Ambas as reformas pódense cualificar de positivas, proteccionistas e que conlevan o fortalecemento da negociación colectiva. Con todo, é necesario realizar algunhas matizacións porque a reforma non elimina totalmente a prioridade aplicativa do convenio de empresa, xa que conserva a súa esencia en materias moi significativas. Así mesmo, tamén se analiza o importante réxime transitorio da reforma e o incentivo do uso dos mecanismos de mediación e arbitraxe.

Biografía do autor/a

  • Alex Pazos Pérez, Universidade de Vigo
    Profesor Contratado Doutor Interino de Dereito do Traballo e da Seguridade Social

Publicada

2022-04-22

Cómo citar

Pazos Pérez, A. (2022). O RETROCESO DO CRITERIO DE PRIORIDADE APLICATIVA DO CONVENIO DE EMPRESA E ULTRAACTIVIDADE DOS CONVENIOS COLECTIVOS. Revista Galega De Dereito Social, 14, 113-144. https://revistagalegadedereitosocialdocgrl.gal/index.php/RGDS/article/view/140

Artigos similares

1-10 de 41

Tamén pode Iniciar unha busca avanzada por similitude para este artigo.