Declaración de privacidade

Os nomes e as direccións de correo electrónico introducidas nesta revista usaranse exclusivamente para os fins establecidos nela e non se proporcionarán a terceiros nin para o seu uso con outros fins.

Política de Protección de Datos

O Consello Galego de Relacións Laborais, responsable da Revista Galega de Dereito Social, infórmalle sobre a súa política de protección de datos de carácter persoal:

PRIMEIRO.- Vostede, ao facilitar voluntariamente os seus datos persoais a través de calquera formulario nesta páxina web ou mensaxe de correo electrónico e aceptar o seu envío, AUTORIZA EXPRESAMENTE ao Consello Galego de Relacións Laborais para que trate e incorpore nun ficheiro de súa propiedade aqueles datos remitidos.

SEGUNDO.- A recollida e tratamento dos datos persoais que vostede facilite teñen como finalidade contactar con vostede para dar resposta á súa petición e informarlle sobre as actividades, publicacións e servizos que ofrece a Revista Galega de Dereito Social, a través de calquera medio de comunicación, incluso electrónico.

TERCEIRO.- Os datos facilitados por vostede nos campos marcados con * son obrigatorios para poder cumprir coa finalidade exposta no parágrafo anterior.

CUARTO.- O Consello Galego de Relacións Laborais adoptou as medidas técnicas necesarias para evitar a alteración, perda ou tratamento non autorizado dos datos persoais que vostede facilite.

QUINTO.- O Consello Galego de Relacións Laborais manifesta o seu compromiso de confidencialidade respecto ao tratamento dos seus datos persoais.

SEXTO.- Vostede ten dereito a acceder á información que lle concirne, rectificala se é errónea, cancelala ou opoñerse ao seu tratamento a través do correo electrónico presidencia.cgrl@xunta.gal ou mediante comunicación escrita dirixida a:

Consello Galego de Relacións Laborais – Revista Galega de Dereito Social

Pazo de Amarente, R/ Algalia de Abaixo, 24, 15704, Santiago de Compostela (A Coruña) ESPAÑA